Zeit  5 Stunden 9 Minuten

Koordinaten 970

Hochgeladen 23. März 2019

Aufgezeichnet März 2019

-
-
576 m
432 m
0
3,5
7,0
14,0 km

angezeigt 133 Mal, heruntergeladen 4 Mal

bei Allariz, Galicia (España)

San Breixo de Queiroás é unha das 16 parroquias do concello de Allariz. Conta cunha escasa poboación -248 habitantes no 2018- que vai minguando paulatinamente e nesta freguesía celébrase a festa etnográfica que recolle todo o ciclo do pan, lembrando os tempos no que as xentes destas aldeas desprazábanse as segas en Castela. A primeira parte do festexo é a seitura, é dicir a recolleita do centeo, ao que segue uns días máis tarde a malla para separar o gran da palla e coma última fase ten lugar a festa da moenda e a fornada do pan.

O noso roteiro comeza ao carón do museo do coiro, no centro de Allariz, e segue pola beira dereita do río Arnoia polo carreiro de pescadores. Logo dun chisco máis de un quilómetro afastámonos do río para coller a dereita por unha corredoira -que logo anchea- que sube por unha carballeira.

Deixamos atrás a aldea de Outeiro de Orraca e acadamos Queiroás da Igrexa onde érguese o templo parroquial de San Breixo, Verísimo en castelán. Esta edificación está datada entre os séculos XII e XIII, de estilo románico con importantes reformas. Ao seu carón está a casa reitoral nun mal estado de conservación.

Avanzamos entre praderías ata outro núcleo poboacional, Requeixo de Queiroás e dende aquí a Queiroás Grande. A partir desta aldea a andaina será por congostras baixo carballeiras que nos levan novamente as marxes do Arnoia. Ao chegar aos muíños andamos a contracorrente pisando un chisco do percorrido xa feito antes -o pontón que nos permitía pasar ao outro lado do río foi derruído polas crecidas- e ao chegar a seguinte pontella cruzámola.

Compretamos o recorrido pasando polo antigo muíño de Acea da Costa, o muíño do Burato e a ponte románica para situarnos finalmente no punto de inicio.

Mehr anzeigen external

Antiga fábrica de curtidos en Allariz.
Muíño hidráulico no río Arnoia.
Bolo granítico.
Corredoira que nos afasta do río Arnoia.
Camiño que liga Requeixo con Queiroás Grande.
Sendeiro de pescadores polas marxes do río Arnoia.
Punto de inicio, ao carón do museo do coiro en Allariz.
Congostra en Queiroás Grande.
Desvío desde o carreiro de pescadores.
Fonte de auga potable en Queiroás da Igrexa.
Terreo asolagado.
Templo erguido entre os séculos XI e XIII en estilo románico.
Muíño hidráulico no río Arnoia.
Muíños hidráulicos a beira do río Arnoia.
Museo da elaboración do coiro, en Allariz.
Aldea do concello de Allariz.
Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.
Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.
Ponte peonil de madeira sobre o río Arnoia.
Ponte en estilo románico sobre o río Arnoia.
Pradarías en Queiroás.
Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.
Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.
Lugar na parroquia de Queiroás, concello de Allariz.
Afluente do río Miño.

Kommentare

    Du kannst oder diesen Trail