Zeit  5 Stunden 28 Minuten

Koordinaten 1106

Hochgeladen 7. Mai 2019

Aufgezeichnet Mai 2019

-
-
348 m
74 m
0
2,3
4,5
9,04 km

angezeigt 165 Mal, heruntergeladen 7 Mal

bei Rebordechán, Galicia (España)

Este percurso no concello de Crecente baséase nas andainas organizadas pola asociación O Tempo da Aldea, que promove o desenrolo económico, cultural e turístico da parroquia de Rebordechán pola que vai o noso roteiro.

O recorrido daranos a coñecer algúns dos núcleos de poboación, o Camiño da Feira, o Camiño Real, as fragas que hai ás beiras do encoro de Frieira e os muíños do regato de Chedeiro.

Se comezamos ao carón da igrexa de Santa María e facemos o traxecto no sentido das agullas do reloxo iremos atopando os seguintes puntos de interese (as explicacións entre comiñas foron sacadas dos códigos QR colocados por O Tempo da Aldea ao longo do sendeiro):

- Igrexa parroquial de Santa María de Rebordechán: templo barroco do século XVIII cunha imaxe na fachada da Virxe e pranta rectangular dunha soa nave.

- Cruces en muros e casas e máis un calvario moderno na praciña do lugar de O Pazo.

- Camiño da Feira: “o nome deste camiño obedece ao uso que se lle daba os días 6 e 20 de cada mes, días nos que os veciños se desprazaban á feira da Cañiza”.

- Puntos de vistas panorámicas sobre o encoro de Frieira no río Miño e fraga con predominio de carballos pola zona máis próxima a presa.

- A Casa do Coco: “encóntrase nunha zona chamada O Soalleiro. O topónimo soalleiro indica un lugar exposto ao sol. Nesta casa destaca a solaina de pedra, típica das casas máis antigas da aldea”.

- Lugar de Parada, con restos dun antigo lagar e os muros do predio no que se erguía unha capela.

- Camiño Real: “éste é o camiño real que vai desde Tui a Castela”.

- Regato do Chedeiro e Camiño dos Muíños no que veremos os seguintes inxeños hidráulicos: muíño da Laxiña, da Serra Vella, do Castiñeiro, da Serra e da Verea. O da Serra “recibe este nome porque na parte de atrás aínda conserva a parede dunha antiga serra. Foi un muíño de herdeiros”. O muíño da Laxiña ou da Soledá foi o último en deixar de moer.

- Peto de ánimas de Pousa: “cando os muíños funcionaban e tamén a barca que cruzaba no Miño os pasaxeiros de Valongo e Vilanova, as persoas que os empregaban subían por este camiño (o dos muíños) e, ao chegar a este altiño, tomaban unha POUSA (feito que dá nome a este lugar) e xusto aquí, mentres tomaban un aire, ofrecíaselles a oportunidade de dar unha esmola polas ánimas dos defuntos”.

Mehr anzeigen external

Fraga por riba do encoro de Frieira.
Calvario moderno na praciña do lugar de O Pazo.
Antigo camiño para ir a feira na Cañiza.
Camiño que leva aos muíños do regato de Chedeiro desde o lugar de Pousa
Camiño que ligaba Tui con Castela.
Casa de patín no lugar de O Soalleiro.
Casa en ruínas por riba do Camiño Real.
Punto de inicio ao carón da igrexa de Santa María de Rebordechán, Crecente.
Cruceiro no Camiño Real.
Presa para a explotación hidroeléctrica no río Miño.
Cascadas no regato de Chedeiro.
Fonte con lavadoiro no lugar de O Cotado.
Fonte con lavadoiro no lugar de O Pazo.
Bosque por riba do encoro de Frieira.
Igrexa parroquial de Rebordechán. É do século XVIII en estilo barroco e cunha sóa pranta rectangular.
Manancial de auga que baixa do Coto da Ucha.
Muíño hidráulico no regato de Chedeiro. Foi o último en moer neste regacho.
Muíño hidráulico no regato de Chedeiro. Amais de moer tamén movía unha serra de corte.
Muíño hidráulico no regato de Chedeiro.
Muíño hidráulico no regato de Chedeiro. No Camiño Real.
Muíño hidráulico no regato de Chedeiro.
Lugar da parroquia de Rebordechán polo que pasa o Camiño da Feira.
Lugar na parroquia de Rebordechán, Crecente.
Peto de ánimas no lugar de Pousa.
Pontón de pedra sobre o regato de Chedeiro, a altura do muíño da Laxiña.
Pequeno regacho que verte as súas augas no encoro de Frieira.
Pequeno río con nacedoiro nas abas de O Marco e que verte as súas augas na beira dereita do Miño.
Carreiriño por medio da fraga que hai por riba do encoro de Frieira.
Vistas ao antigo balneario de Cortegada, ao outro lado do Miño.

Kommentare

    Du kannst oder diesen Trail