Koordinaten 693

Hochgeladen 18. Juni 2019

Aufgezeichnet Juni 2019

-
-
882 m
686 m
0
2,0
4,0
7,93 km

angezeigt 79 Mal, heruntergeladen 5 Mal

bei Pena de Folenche, Galicia (España)

Este roteiro daranos a coñecer as carballeiras, soutos e sequeiros da parroquia de Pena Folenche, no concello de Pobra de Trives e tamén a Vía Nova romana e a ponte medieval de Ponte Navea. Será unha ampliación da Ruta dos Sequeiros que conta con algúns indicadores y postes con información en código QR e dos que sacamos o que segue:

“É unha ruta circular a través do bosque entre castiñeiros centenarios de gran beleza. Iníciase en Pena Folenche, dende unha rocha de grandes dimensións. O percorrido prosegue por unha zona de hortas, observando o paseante as valgadas dos ríos Navea e Bibei. A continuación atravésase un souto de castiñeiros para chegar aos sequeiros, casas de antano onde se secaban as castañas. Continuamos o camiño e empatamos coa Vía Nova que nos levará a Ponte Navea para posteriormente subir ata a central de transformación eléctrica sin deixar de disfrutar en todo momento da flora e fauna da zona.”

- Miradoiro de Pena Folenche

“Desde o miradoiro de Pena Folenche contemplamos o Val do Navea e o do Bibei, cubertos de magníficas fragas. Tamén divisamos Cabeza de Manzaneda e máis lonxe as montañas de Trevinca.
Unha lenda conta que dentro desta gran pena hai un pasadizo que leva a unha cova onde se atopa un tesouro que esconderon os mouros, outra lenda di que Santiago saltou co seu cabalo desde esta roca deixando a pegada do seu cabalo na fraga.”

- Os sequeiros

“Os sequeiros utilizábanse hai décadas en Trives como vivenda temporal e almacenaxe durante a recolección da castaña. Na época na que a castaña tiña gran transcendencia para a economía de moitas familias do rural, unha vintena de construcións, onde a pedra é a protagonista, facían a dobre labor, de ser vivenda temporal e servir de secadeiros para as castañas, é dicir, sequeiros.

Familias enteiras na súa maior parte chegadas de Chandrexa de Queixa ou San Xoán de Río, desprazábanse á zona na que estaban os soutos de castiñeiros e vivían nestas modestas edificacións.”

- A Vía Nova e Ponte Navea

“A Vía XVIII do itinerario de Antonino (de Bracara Augusta hasta Asturica Augusta), coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia e saía do concello pola ponte sobre o río Bibei, construído na época do emperador hispalense Trajano.

Debido a importancia desta vía e a necesidade de transportar a abundante materia prima da zona para levala a outros lugares do Imperio Romano, foi preciso a construción dunha ponte que salvase o val do río Navea. A actual ponte, catalogada no inventario de Pontes Históricas de Galicia, é o resultado dunha construción medieval aproveitando unha obra anterior de fábrica romana.”

Mehr anzeigen external

Camiño nos arredores de Pena Folenche.
Capela en Ponte Navea.
Bosque de carballos en Pena Folenche.
Punto de inicio a entrada de Pena Folenche, Pobra de Trives.
Fonte en Ponte Navea.
Igrexa parroquial de Pena Folenche.
Miradoiro de Pena Folenche.
Parroquia do concello de Pobra de Trives.
Bolo granítico no medio do souto.
Ponte medieval con orixe romana sobre o río Navea.
Aldea nas beiras do río Navea e a carón da ponte medieval de orixe romana.
Ruta dos Sequeiros en Pena Folenche.
Sequeiros de castañas en Pena Folenche.
Bosque de castaños.
Bosque de castaños en Pena Folenche.
Vía XVIII do itinerario de Antonino que unía Bracara (Braga) con Asturica.

Kommentare

    Du kannst oder diesen Trail